Nostalxias

ai unhas semanas daban nos cines Duplex do Ferrol a película The Father. Una película de orixe búlgara, na que das varias lecturas que un pode sacar, mentres e despois de ver a película, é que hai unha morriña aos tempos do comunismo, non tanto no papel do padre, senón sobre todo, no papel do fillo. E é algo normal. Bulgaria ao entrar no capitalismo, instalouse no país un sistema de corrupción, que vai ligado estreitamente ao novo sistema económico. Mais un non quer dicir que o estado español sexa mellor, no referente a corrupción. So hai que ver ao PP, que por exemplo na comunidade de Madrid, tivo que por ao fronte a unha señora totalmente incompetente, que polas súas declaracións, un pode decatarse, de que é unha persoa non capacitada para este importante responsabilidade política, máis posiblemente escolleronna, porque era a única do PP madrileño, que non estaba involucrada en actos delitivos. Porque a corrupción vai ligada á propia supervivencia deste sistema económico tan deshumanizado e inxusto. España é un dos países máis corruptos de Europa e do mundo, segundo unha importante ONG( Transparencia internacional). Mais isto non quer dicir que en Dinamarca non haxa corrupción. A corrupción volvese máis sofisticada así como nos países desenvolvese medios para atallar estes comportamentos. Porque os que se favorecen desta peste son sen dúbida, as grandes corporacións capitalistas. 
En España soamente no fraude fiscal,segundo o sindicato de inspectores de fazenda Ghetsa, ascende a 90 mil millóns de euros ao ano. Se a isto sumamos outros procesos de corrupción, como poden ser, as sustancias ilegais, as mordidas, os tratos de favor a determinadas empresas en contra dos intereses da cidadanía, etcétera, un pode darse conta, de todo o que estamos a perder as clases traballadoras. Porque ao final a corrupción o que ven, é a socavar as políticas sociais, de emprego, de sanidade, as políticas en educación. É dicir, todo o básico e fundamental, para un sistema de benestar, onde as clases populares, poidan vivir con dignidade. Porque coa corrupción non nos enganemos, o gran beneficiario é ese 1% da poboación e todos os seus monaguillos, os cales, non lles interesa un sistema social xusto que atinxa a toda a poboación, xa que, eles non son demandantes nin necesitan das políticas publicas, en ningún dos seus diferentes eidos.
Xa para rematar, o gran fraude que foi a caída do comunismo nos países do este de Europa, está a demostrar, que cada vez máis xente neses países, non so os incondicionais, senón unha parte da novas xeracións, desexan a volta ao sistema socialista. Porque se algo ten o comunismo e as comunistas é como di o PCE , partido co cal concordo en moitas cousas, mais non na fundamental, que é o encaixe de Galiza no estado español, é que “As comunistas somos xente que non miramos; as comunistas somos xente que tomamos partido”.

Nostalxias

Te puede interesar