O consumo de papel

Covid-19 veu a confirmar, a importancia dos bosques primarios para a vida na Terra. O deforestar para converter os bosques tropicais en plantacións de soia, palma, para alimentar o gando ou para facer biocombustíbeis, xunto coa produción de papel, estanos a demostrar que soamente carrexa  non a longo prazo, senón no presente, serios problemas quer para a vida na Terra quer para a saúde humana.
A deforestación para a produción de papel, cuxa industria é das mais contaminantes, maiores consumidoras de enerxía e auga do planeta, supón o 40% da madeira cortada. Dela preto do 20-25% provén da destrución de bosques primarios, preto do 40-50% de bosques secundarios (bosques que foron primarios na súa etapa inicial, mais despois deforestáronse para darlle un uso diferente a terra e agora volven a ser bosques, pola man colonizadora do home) e o resto de plantacións forestais. Todos os anos, 15 mil millóns de arbores máis ou menos, córtanse para a produción de papel. Cabe sinalar, que o auxe das plantacións forestais, supón encher o medio-ambiente (terra, augas e aire ) de todo tipo de agro-tóxicos, os cales chegan despois a cadea alimentaria humana. Na Galiza, preto de 600 mil Hct, segundo a principal asociación ecoloxista de Galiza (ADEGA), está plantada de Eucalyptus, entre plantacións legais e ilegais e ante estas últimas a Xunta de Galiza mira para outro lado. Un de cada 5 metros de superficie do territorio galego é un eucalipto, todo elo para satisfacer a demanda de pasta de papel e taboleiros da industria madrileña, a costa de estragar o noso patrimonio medioambiental (contaminación das terras, en detrimento da biodiversidade, perda de fertilidade do solo, etcétera), de destruír a nosa paisaxe e de despoboar o rural, ca fin de que non haxa testemuñas de semellante barbarie coa que nos castiga o estado español. No 2003 o sector papeleiro -pasteiro ? español consumiu preto de 6 millóns de m³ de madeira, da cal 5 millóns de m³ proveñen do Eucalyptus globulus e o resto de Pinus radiata, para a obtención de 2 millóns de Tm (toneladas metricas) de celulosa. Aínda así, o estado español é deficitario e necesita importar un 25% da madeira que consume, xeralmente de Finlandia e o sueste asiático entre outros.
 Preto do 90% do papel que se consume no planeta, consumímolo o 20% da humanidade. Un habitante de clase media dos EUA consume preto de 300-400 Kg de papel ao ano. Un galego de clase media preto dos 200-250 Kg de papel ao ano e un habitante da India de clase media, preto de 3-4 Kg de papel ao ano. Por árbores, un cidadán dos EUA ou Xapón consume 6 árbores de uns 12 metros de altura ao ano. Un cidadán galego uns 4 árbores de 12 metros de altura, un cidadán ruso 1.2 árbores da mesma altura e un cidadán indio 0.23 árbores da mesma altura ao ano. Se seguimos con esta tendencia o 20% da humanidade vai ser responsábel de que en 300 anos quedemos sen bosques primarios, por causa do consumo de papel das nosas sociedades.

O consumo de papel

Te puede interesar