De mal en peor

A Covid-19 veu a destapar moitas realidades que moitas de nos xa coñecíamos, máis parecía que estas no nos afectaban na actualidade. Unha delas é, como as mulleres seguen estando a un nivel inferior en diferentes aspectos que os homes nas sociedade e aínda que isto nestes derradeiros anos mellorou bastante no tema da igualdade de xéneros, coa pandemia estamos a sufrir un retroceso moi importante. No mundo especialmente nos países en desenvolvemento, por cada cen homes en extrema pobreza, coa Covid-19 espéranse que haxa, perto de 140 mulleres. Soamente na América Latina todos os días, hai perto de cinco mil adolescentes que dan a luz e a suspensión de moitos dos servizos de saúde reprodutiva e sexual en moitos países, agravara o problema das mulleres e nenas. Segundo a ONU soamente o 12% dos países fixeron algo para contra-restar o problema da pandemia no ámbito do xénero e perto dun 20% no fixeron nada. 

Porque non podemos negar que as mulleres, teñen en xeral, peor acceso as medidas sociais ademais de que en elas a pobreza, ten outros condicionantes moi diferentes aos homes. A maioría dos países entre eles algúns europeos, no fixeron nada para atallar este desequilibrio que produzo a Covid-19 entre xéneros. Xa que son as mulleres as que no confinamento teñen que vivir cos seus agresores, ademais que son elas tamén as que levan o peso dos cuidados, sobre todo potenciado  co peche dos colexios e centros asistenciais, xunto cos traballos peor ou nada remunerados e sen cobertura social. Mais hai que dicir, que son traballos fundamentais para o desenvolvemento das nosas sociedades.

Na década dos 90 do século pasado, había doce mulleres presidentas de goberno de perto 195 países. Trinta anos mais tarde no 2020 non chegan as vinte e cinco as mulleres presidentas.

Xa para rematar, é fulcral que as mulleres teñan acceso aos núcleos de poder incluso a base de aplicar a discriminación positiva. Cómpre ademais que as mulleres que se dedican aos cuidados aínda que sexan familiares, teñan os mesmos dereitos laborais e sociais como calquera outro traballadora, xa que están a realizar un traballo que tiña que estar feito polos estados, co conseguinte inmenso aforro de cartos que supón en políticas sociais. Ademais é necesario que nos colexios nos plans de estudos das diferentes materias escolares, desde idades moi cedas, a rapazada contense e ensínese o verdadeiro papel das mulleres no progreso da humanidade, xa que nestes momentos históricos, soamente están presentes en relación cos homes en un escaso 8% nos libros de texto.

En definitiva como dicía Rosa de Luxemburgo “quen non se move, non nota as súas cadeas”e no tema da muller, cómpre que todas tomemos conciencia, de que para haber unha autentica sociedade democrática, ten que desaparecer a desigualdade, no referente a cuestión de xénero.

De mal en peor

Te puede interesar