Como dexeneramos

Non tiña pensado escribir este artigo, mais a nova que vin hoxe no diario o cal, leo todo os días “o Diario de Ferrol” que é posiblemente onde me publiquen este artigo, non me deixou outra opción que sentarme e poñerme diante do computador.

Como seguramente moitas-os de vos puideches ler na contraportada do diario este venres, a nova a que me refiro era, que varias mulleres entre elas a “cantante” (nunca mellor dito) Alaska, loaba o que significou a boneca Barbie pra conseguir a igualdade da muller. Danse conta; boneca loira de longa e preciosa melena, de pel branca estilo anglosaxón(ha que dicir que co tempo ,apareceron diferentes Barbies, con trazos diferentes, mais ata 1990 no apareceu unha Barbie negra e ademais esta era unha boneca, máis que negra, descafeinada) de corpo esvelto e coas medidas exactas, ao principio de profesión moza superflua e devido as presión de certa parte da sociedade, igual que mudaronlle os trazos, hoxe en día termos, ata unha Barbie experta en computación. 

Dito isto, primeiro teño que dicir que non son psicólogo, mais si estudei psicoloxía e era dos que me sentaba diante e utilizaba e aproveitaba ao máximo as tutorías. Digo isto porque ao mellor sae algún profesional da saúde, afirmando que esta boneca si que tivo algo de positivo na conquista de unha sociedade de iguales entre as mulleres e os homes. 

Mais si poñemos nunha balanza o que presuntamente (que permitanme que eu o dubide) tivo de positivo e o negativo que tivo desde a súa aparición ata hoxe en día, deberíamos sopesar moito antes de darlle os parabéns á subsodicha e moito menos facelos públicos.

En primeiro lugar o problema principal da boneca é a súa imaxe. Unha imaxe que glorifica unhas medidas nas rapazas, as cales máis do 90% cando sexan adolescentes e xa nin dicir ten de mulleres do planeta, van conseguir por meios naturais. Porque esta boneca o que estivo e está a contribuír entre outros factores, é a que centos de miles de rapazas desenvolvan ao largo da súa vida condutas de risco, que poden por en serio perigo a súa saúde, cando non, a súa vida. 

Por desgraza vivimos nunha sociedade opulenta, aínda que esta sobre abundancia non chega a todas-os e onde a insatisfacción e outras desordenes psicolóxicos, cada vez son mais frecuentes nas poboacións. Unha fustración producida polo sistema de consumo na súa maior parte através da publicidade a cal, esta presente no noso sistema de vida de un xeito moi contundente. Porque esta desde fai tempo non so vende e fai que o sistema neoliberal non se deteña, senón que necesita producir ese desacougo en nos, pra que compremos todo o innecesario que nos ofrece. Quero dicir, que si eu vexo nos xornais, nas vallas publicitarias, nas Tv ect... cincuenta veces ao longo do día, todos os días da semana, do mes e do ano, os corpos chamados danone (lembranse vostedes) se eles consigan que eu poña en valor ese corpo e ao mesmo tempo, conseguen que rexeite o meu, posiblemente terán moitas probabilidades de que eu compre iso que me ofrecen como máxima, pra mellorar espectacularmente a miña imaxe e que con certeza cabe sinalar que son produtos que non funcionan como prometen, ademais de ser prexudiciais pra saúde, polo seu alto contido en certas sustancias, como por exemplo o aceite de palma ou incluso elevadas cantidades de azucres. Ademais todo isto, é un factor máis, que ben a romper o esquema de alimentación tradicionais, que temos os diferentes pobos do planeta, adquiridos por unha milenaria sabenza e transmitidos por meio da cultura. Conto isto porque na sociedade na que vivimos, o que significa a Barbie está ao orde do día como ideal de beleza e triunfo social e sobre todo, onde é máis virulento e máis agresivo e nas adolescentes, nas mulleres. 

Porque a muller continuamente a sociedade estalle esixindo pautas de imaxe, non vou dicir beleza xa que, ha moitos tipos de beleza, cada vez mais agresivas pra súa integridade física e mental. Nas consultas das-os psicólogas, cada vez ha maior numero de rapazas as cales,cada ano que pasan son máis nenas (desde vai uns anos tamén empezan a aparecer casos de varóns) con desordenes alimenticios serios. Continuamente nas revistas de adolescentes, un das máximas que poñen como obxectivo das rapazas pra ter éxito na vida, é ter corpos esveltos, aínda que hoxe en día o que se lles pide xa é, ter un corpo extremadamente delgado. Revistas que acompañan isto, con dietas que ningún profesional da alimentación refírome a endocrinas-os, dietistas, nutricionistas ou simplemente a nosa medica-o de cabeceira no seu sa xuízo, ocurriríaselle aconsellar facela a ninguén. Xa por non falar doutras sustancias que están a facer extremadamente ricos quer farmaceuticos quer a súa industria, sustancias as cales, máis tarde ou mais cedo, pasaranlle factura a quen as usa durante longos períodos de tempo.

Indubidabelmente si habitasemos en unha sociedade sa, os éxitos pra triunfar na vida pra as-os rapazas serían mulleres, como a nosa Rosalía de Castro muller que decidiu vivir nos tempos que corrían, sen a tutela dun home, de xeito independente, escribindo en lingua galega con todo o que isto supuxo daquela, ademais de erguerse na voz de todo un povo. Ou por exemplo Francoise Barre Sinoussi, unha das mulleres que hoxe en día máis sabe sobre o VIH ademais de ser a co-descubridora do virus. 

Tamén podíamos citar a Greta Thunberg a rapaza que coa súa loita mobilizou a todas as mozas e mozos de meio mundo, esixindo políticas reais pra loitar contra o cambio climático. Rapaza de tan so 15 anos, a cal non se amedrentou no discurso que deu diante de todo os dirixentes mundiais e sen arrugarse o máis mínimo, chamoulles de todo pola seu sometemento aos intereses das grandes compañías, lideres en contaminación e destrución do planeta. 

Máis a realidade é que neste modelo económico no que vivimos, non lle interesa unha sociedade saudábel xa que, como di o refrán, “en augas revoltas ganancia de pescadores”. Porque ao final, ha moitos intereses en todo isto, como por exemplo a industria farmaceutica, a industria da nutrición, a industria medica privada, industria dos implantes ect...

En definitiva e xa pra rematar, espero Alaska que este verán fagas moitas xiras nas festas dos concellos e que a túa musica casposa, poda escoitarse en moitos lugares como premio a túa dexeneración mental. Máis quero dicirte, que xa que de nena tiñas como referente a boneca Barbie, pra obter o teu éxito persoal na vida, seguindo a túa traxectoria e ben certo o refrán que di que “El hombre propone y el destino dispone”. Anda e que che dean.

Como dexeneramos

Te puede interesar