Unha Xunta sen Ferrol

o novo goberno de Feijóo non hai ferroláns. É dicir, José Manuel Rey non foi nomeado, desta vez, conselleiro. Haberá que esperar un tempo para saber si isto significa un cambio de liderado no PP ferrolán, e máis tras dous mandatos consecutivos sen tocar goberno municipal.
Tamén haberá que ver como vai influír o “Caso Kitchen” nas aspiracións do presidente galego a ocupar o asento de Casado no Congreso dos Deputados e, máis, como vai afectar isto ao actual grupo municipal da dereita, se van acabar este mandato como tal grupo ou baixo unhas novas siglas ou se van pagar eles a inacción da actual Xunta no ensino e na sanidade galegas.
De momento, confórmanse con afearlle ao alcalde Ángel Mato un suposto baixo gasto, tras seis meses de pandemia e con todo o tecido económico paralizado, onde o Concello de Ferrol priorizou a axuda directa a familias necesitadas e empresas, que non foron poucas, lamentablemente.

Unha Xunta sen Ferrol

Te puede interesar