jueves 22.08.2019

Vulnerables

Son noticias que aparecen de cando en cando, dun mundo que a maioría da poboación considera que non é o seu. Pero que si forman parte do noso e son mulleres vulnerables, neste caso venezolanas en situacións extremas, traídas por unha mafia de proxenetas para “ofertar ao mercado local”. Seguramente, a maioría da cidadanía de Ferrol non sinta ningunha responsabilidade. Nin os “consumidores” –eufemismo que oculta a violencia do “sexo de pago”– que deberan ser sancionados.

Así a policía acaba de intervir no barrio do Inferniño e nas rúas Concepción Arenal, Armada Española, Independencia, Estrada de Castela, Avenida de Vigo... E amparados na nosa indiferenza e no nome da suposta liberdade de quen está en situación de risco, hai quen leva no seu programa electoral legalizar a prostitución, abusando dobremente de mulleres vulnerables. Os únicos interesados son os proxenetas que serían recoñecidos como “emprendedores”. 

Vulnerables
Comentarios