Volta atrás

Permítanme dicirlles que con isto da pandemia estou saturado, procuro non ler máis que os titulares que a prensa vai sacando cada día e cústame moito pararme nese tipo de noticias. Pero, non deixo de ver a preocupación da xente, tanto no traballo como na rúa. E cada día que pasa moito máis irascible que o anterior. Agora estamos pagando as mensaxes confusas pola irresponsable oposición dos ultras e da dereita, a diferenza do que pasa en toda Europa occidental.

O novo estado de alarma con toque de queda nocturno non deixa de ser unha cesión á dereita por parte do goberno de España. Ata aquí temos chegado por querer consensuar con que usa a pandemia para facer “política”. Incluso Feijóo usa os medios públicos galegos e afíns para atacar a Pedro Sánchez e agochar a súa inacción. Dentro de quince días terá a potestade de facer o que considere, pero algo dirá para non facer fronte ás súas responsabilidades.

Volta atrás

Te puede interesar