jueves 14.11.2019

Similitudes

ermítanme contarlles que marchei por uns días. Así, que perdoen esta introdución, pero si quero volver agradecer á federación local das asociacións veciñais, o terme permitido acompañalos para coñecer o proceso de peonalización de Pontevedra, hai un tempo.
Aquela visita levoume a volver a esta capital de provincia, que creo que ten moitas cousas en común con Ferrol (a pesar de ter nós vinte mil veciños menos). Pero, si algo fainos parecidos é que somos “afeccionados á boa vida”. Consideramos as cidades un dereito das súas xentes, aínda que aquí temos especial capacidade de complicar o máis simple. 
Do mesmo xeito que gusta ir a Canido, parar a comer no Anca, tomarse un café no Derby ou as nosas praias, en Pontevedra gustan de cousas similares nas súas rúas e prazas recuperadas. Quizais teñamos que aprender nós de Pontevedra que Ferrol non necesita trincheiras, senón un acordo básico en temas de cidade.
 

Similitudes
Comentarios