Jueves 27.06.2019

Selectividade

Seiscentos setenta e dous estudantes van pasar polas dependencias da UDC en Esteiro ou Serantes. Enfróntanse á criba ao acceso á universidade e aínda que a maioría van pasala, outros quedarán polo camiño. Así levamos anos dándolle voltas a unha proba que non funciona e que só é un castigo adicional.

A selectividade vén dada pola distorsión que supón, para a súa homologación coa educación pública, a existencia do ensino privado/concertado. A necesidade de ter un control sobre esta última fai que paguen xustos por pecadores. Non hai que esquecer que no público teñen alumnos, pero no privado/concertado teñen clientes.

Así o presidente Feijóo erra. A distorsión non vén porque haxa diferenzas entre CCAA, senón pola existencia de dous sistemas educativos. E se a vida actual obriga a unha formación continua, unha vez acreditada o nivel educativo, hai que garantir a quen queira os estudos superiores.

Selectividade
Comentarios