RECIMIL 2020

O alcalde José Manuel Rey quere agora un pacto para Recimil, a sete meses das eleccións municipais. Quizais porque prevese que van mudar as correlacións de forzas no Concello. Así, o posible acordo deberá ser referendado polas direccións dos partidos ferroláns, ao estar todos os grupos municipais á espera da súa renovación. Pero, evidentemente, a base do pacto non pode ser o seu programa, Ferrol 2020, que pretendía amontoar a aqueles veciños que non puideran botar, para dedicar o resto do barrio a un novo pelotazo urbanístico. Todo acordo pasa pola rehabilitación integral, por recoñecer os dereitos dos propietarios históricos e por poñer ao día a todos aqueles inquilinos que, verdadeiramente, necesiten da solidariedade. As máis de mil vivendas, os cento vinte locais existentes, dan para unha intervención nos eidos da dinamización económica, cultural e dos servizos. Así, tamén para unha importante oferta de alugueiro social que, en definitiva, require da constitución dunha empresa municipal ferrolá da vivenda.

 

RECIMIL 2020

Te puede interesar