domingo 15.12.2019

Populares

Agora que Rajoy xa non é presidente, o Partido Popular e a propia Xunta de Galicia xogan a ser máis reivindicativos que ninguén. 

De feito, se viñera alguén de fóra e non coñecera a cousa política local, podería crer que eles son “radicais antisistema” ou “anticapitalistas”. 

O certo é que a transición enerxética comezou hai trinta anos pero ninguén fixo caso. O certo é que Endesa fai o que fai porque é unha empresa privada e busca optimizar os seus beneficios empresariais e carece de controis públicos, o certo é que as privatizacións do mercado eléctrico están na orixe da actual situación e teñen efectos colaterais noutras empresas desta comarca. 

Pero, a única alternativa do PP é seguir coa “doutrina Rato”, actual inquilino de Soto del Real. O problema é sentarse e, por unha vez, lograr un compromiso real que permita a esta comarca marcar unha folla de ruta respaldada por todos os axentes sociais.

Populares
Comentarios