Mr. Trump

Votaron a Trump para castigar a quén representa mellor o status quo neoliberal imperante, porque xa non teñen que perder. Un erro? É a súa vinganza. Hilary era a favorita das elites, puro continuismo. Erro, grave, o dos demócratas que elixiron o “malo coñecido” e deixaron fóra ao “rupturista” Bernie Sanders. Foron incapaces de movilizar aos sectores máis progresistas, era tanto como se aquí nos din que elixamos entre Jesús Gil e Celia Villalobos.
O aumento da abstención e a incapacidade do partido demócrata para movilizar aos votantes progresistas, fixo que Trump gañara nos estados onde a súa candidata perdera nas primarias. Hai unha lectura española, qué se preparen os da gran coalición, as e os baróns que se levaron por diante ao seu secretario xeral, incluídos os seus fillos ideolóxicos como Ramón Espinar. Todo é posible. Incluso que veña un verdadeiro monstruo a vernos.
 

Mr. Trump

Te puede interesar