lunes 17.02.2020

Movemento asociativo

Unha das sinais de identidade de Ferrol

Unha das sinais de identidade de Ferrol é a existencia dun amplo movemento asociativo, dos maiores da media galega. Coherente co final dos anos setenta do século pasado, onde o antifranquismo foi capaz de ter plataformas desde onde provocarlle buratos á ditadura, sumando a sectores importantes da poboación. Pero tamén é certo que unha parte dese movemento asociativo está baixo mínimos e sen relevo, hoxe non hai asociación capaz de marcar os sons da cidade.A precariedade, a emigración e o envellecemento están no problema. Aínda así, o fundamental é a falta dun novo relato, antaño foi a incorporación á democracia e a construcción dun buscado progreso. Alén dun corta e pega de programas electorais, resulta necesario unha nova forma de entender a cidade, a súa reinvención desde dentro. Cambiar Ferrol para cambiar a vida das e dos seus moradores. Un exemplo é ese novo Canido da man de artistas como Edu Hermida.

Movemento asociativo
Comentarios