Kamikaze

A política local hai tempo que é puro teatro. O importante é ver cómo desfilan co seu mellor postureo aqueles que fixeron da política a súa profesión. De aí ese ruído que pretende chamar a nosa atención, pero que cada día resulta máis molesto á cidadanía. Por iso erra o secretario xeral do PP de Galicia, el que iniciou a súa andaina defendendo a versión máis sectaria do nacionalismo e que agora é o máis radical dos seguidores de Feijóo.
A Miguel Tellado o que lle molesta é a capacidade das e dos socialistas de aglutinar unha maioría social de cambio, a elección de Xoaquín Leiceaga é o que lle fai perder os nervios a esta dereita, que así vén en axuda dunha Sestayo que perdeu o control do PSdeG ferrolán. Ambos defendendo a un Méndez Romeu que ofertara levar á secretaria xeral local de segunda na súa lista autonómica. Retroaliméntanse, pero dá igual que causas digan defender. Cómo se se encadenan en medio da ría ou na porta da Bazán
 

Kamikaze

Te puede interesar