Martes 23.04.2019

A INDUSTRIA

O Concello de Narón, a iniciativa dos traballadores de Megasa

O Concello de Narón, a iniciativa dos traballadores de Megasa, vai convocar aos alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A defensa da industria e a ter un futuro digno na nosa terra son as raíces da convocatoria.
Hai boas palabras e ningunha solución por parte do PP. Os seus cargos públicos locais deben tomar partido fronte á desfeita dun PP de Aznar-Rajoy, que nada ten do vello modelo interclasista de Fraga.  
Tamén, hai malestar cos propietarios de Megasa. Os traballadores botan en falta un claro apoio público en defensa da fábrica naronesa; resulta moi cómodo deixar facer e xogar con cartas marcadas.
A escusa, unha reforma tarifaria do ministro Soria que lastra a competitividade da industria española, froito do dogma do austericidio e da usura recaudatoria das grandes empresas eléctricas e dos seus cómplices, os bancos. Outra política é posible.

A INDUSTRIA
Comentarios