jueves 17.10.2019

HEPATITE C

A Xunta de Galicia vai ter que responder pola política

A Xunta de Galicia vai ter que responder pola política de recortes na sanidade pública. A fiscalía leva a altos directivos da Consellería por presunta prevaricación no retraso na atención médica ás e aos enfermos de Hepatite C, que requerían de xeito urxente o fármaco Sovaldi restrinxido por “razóns orzamentarias”. O certo foi que non escoitaron as voces de alarma dos médicos, cun resultado de deterioro grave e morte para varios pacientes.
A desatención do Sergas é inaceptable. Incluso o TSXG avisou nunha sentenza do 2013 que “a administración sanitaria non pode prenscindir do criterio médico”, dende o parlamento galego a dereita desbotou varias iniciativas da oposición. Non fixeron caso ás peticións dos afectados. Oídos xordos onde o importante eran cadrar contas a conta da vida humana. Que non esconda Feijóo a súa responsabilidade, as súas palabras sobre a denuncia da fiscalía son indecentes.
 

HEPATITE C
Comentarios