jueves 14.11.2019

Ferrol infame

i, Ferrol forma parte de esas cen infamias supostas que Cidadáns, o señor Rivera e a señora Arrimadas, atribúenlle ao actual presidente do goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. 
E cal é a contribución local que converte aos socialistas en xentes de mal vivir? Pois nada menos, que a elección de Ángel Mato como alcalde pola suma desa conxunción, xudeu-masónica inconfesable, que forman socialistas, comúns e nacionalistas. 
Claro que o electorado ferrolán sabía ben o que votaba. Non somos inocentes, así que supoño que este partido –hoxe irmán dos abascales– considerará á maioría das e dos votantes departamentais no mesmo senso. 
E todo por non saber votar como deus manda! En fin. Cada un elixe e actúa como quere. Cada quen é responsable das súas saídas de ton e, por iso, cada quen é libre en caer na irrelevancia política por turrar contra os muros que mesmo levanta.
 

Ferrol infame