Ferrol central

A curiosidade fixo que escoitara, parte das intervencións deste luns do Congreso, para a reelección de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España. Para Ferrol ten unha especial importancia porque están en xogo os orzamentos das F110 e outras infraestruturas, pero tamén por cuestións que vanse abrindo camiño a poucos, como é a calidade do aire que respiramos e a necesidade de sacar do casco urbano os vehículos.

Refírome a ese pasaxe do discurso de Sánchez, no que anuncia unha lei para obrigar aos concellos de máis de 50.000 habitantes (Ferrol supera esa cifra) a asegurar un aire limpo para respirar, a colación da súa defensa do Madrid Central. Días atrás saía o estudio de Ecoloxistas en Acción “La calidad del aire en el Estado Español 2018”, cun apartado para Ferrol con deberes e esixencias específicas. Onte, Europa levantaba a moratoria e anunciaba sancións contra España polos incumprimentos.

Ferrol central

Te puede interesar