Feijóo espera

Os traballadores de Megasa queren ser recibidos polo presidente de Galicia e non por capricho. Foi el quen abanderou a defensa daquela multinacional afincada na mariña lucense. Atravesou o Atlántico para ir falar cos propietarios e obrigou ao ministro de Industria a modificar as bonificacións da chamada interrumpibilidade eléctrica.
Mais, esqueceron ter unha visión global e facendo oídos xordos ás alarmas da Comisión Nacional da Enerxía sobre os riscos de provocar situacións de discriminación e competencia desigual, provocáronlle a Megasa e aos seus traballadores un grave problema.
Di o conselleiro de Industria que están a facer xestións para restituír o dano causado. Aquí, tamén é necesario o compromiso explícito do presidente. Para reforzar a presión sobre o Goberno de España e para tranquilizar ás familias. Pero, Feijóo espera... a que escampe.

 

Feijóo espera

Te puede interesar