jueves 14.11.2019

Far Away Place

Hai un par de anos a rúa do Sol estaba cortada. Non era por causa dun incidente, nin por unha repentina actuación de algún servizo municipal. 

Eran un grupo de mozos que atravesaran unha batería, e tres guitarras. Far Away Place, cun sonido moi potente, con claras influencias de ACDC, un grupo de xente moza de aquí. Xente nova que amosa claramente que Ferrol está moi vivo, que aquí hai moito para facer e que Ferrol mola. 

Hai uns días recibín a súa visita. Trouxéronme o seu primeiro CD, que leva o nome do propio grupo. Foi este un traballo financiado polo sistema de microcréditos, e xunto co seu disco un par de pegatinas e unha camiseta, que podo dicir que xa estreei con orgullo nun destes días soleados. 

Non se sorprendan que neste mundo globalizado –cada día máis preto– acaben tocando nun gran estadio cos grandes do rock duro. Un sonido contundente “made in Ferrol”. Parabéns e boa sorte.

Far Away Place
Comentarios