ENTROIDO

E vai pasando o entroido, e van caendo as caretas. Aínda que algúns estaban dende o 20D, pero os tempos son chegados e non se pode estar de xolda todo o tempo. Aí está o alcalde da Marea de Cádiz, que manda calar á oposición porque el si ten estudios universitarios. Aí está a alcaldesa de Barcelona contraria ao dereito de folga dos seus traballadores do Metro, ou a Bescansa que máis parece unha “persoa de orde” querendo escapar dos titiriteiros madrileños.
E noutro lado, don Mariano enfrontado co Sexto Felipe porque non participa das súas presións contra do partido socialista, así como o ministro Fernández Díaz, que fala mal do país fóra e insulta ao sentido común da xente e á memoria das vítimas, dicindo que un goberno de esquerdas de Pedro Sánchez é o que quere Eta. E para rematar, dona Rita Barberá. Pero, xa pasou o mércores de cinza. É hora de que expiren os seus pecados...
 

ENTROIDO

Te puede interesar