Viernes 18.01.2019

Auga

Si, a xestión do alcalde José Manuel Rey fai auga. O conflito do saneamento e as novas taxas da auga, que gravan as economías dos ferroláns, veñen dados pola incapacidade da dereita local para defender Ferrol, fronte á Xunta de Galicia.

Pretenden darse un titular nesta longa precampaña de cara ás eleccións municipais do 2015. Mentres, Augas de Galicia e a Xunta escabullen a súa obriga de poñer en marcha todo o proceso do novo saneamento. Non vaia ser que haxa problemas; e de paso fan negocio a costa dos cidadáns.
A falta de sangue da dereita ferrolá vólvese contra deles. A rebelión entendible de Narón só é o primeiro paso para a rebelión da propia veciñanza ferrolá contra unha dereita incapaz de defender o ben común.
Unha dereita que está de xeonllos ante os intereses crematísticos duns poucos. Acaba o alcalde ferrolán de pegarse un tiro no seu propio pé.

Auga
Comentarios