A pataleta

Imos ter doce candidaturas para as municipais en Ferrol, e o prazo de presentación aínda acaba o 15 de abril. Si, no noso caso, á crise económica xeral súmase unha evidente de identidade local. 

Esta última produto da inestabilidade e do bloqueo á que foi sometida a actividade diaria do Concello e que derivou nunha desafección xeneralizada, por parte da veciñanza. 

Así, xunto a esa pluralidade, hai unha inestabilidade enorme na confección das candidaturas que, en moitos casos, non son máis que pataletas persoais que se non son satisfeitas, ameazan –non sei– se coa tormenta perfecta ou co tormento eterno. 

Quizais a pataleta máis salientable sexa a de Beatriz Sestayo. que sabedora da súa derrota, presentouse por candidato interposto ás últimas primarias socialistas, e rechazada –tamén– a súa candidatura a deputada nacional, pretende vulnerar o mandato que a militancia outorgoulle a Ángel Mato.

A pataleta

Te puede interesar