“Odia el delito....

Co gallo do meu enesimo cumpre anos, agasalláronme co libro de Guillermo Llorca Freire titulado Ferroláns. Nel figura, como non podía ser doutro xeito, a insigne pensadora ferrolá Concepción Arenal Ponte (Ferrol 1820-Vigo 1893), segundo o autor unha das mulleres máis brillantes que alumeou Ferrol en toda a súa historia. Precursora do feminismo entre outras moitas iniciativas a prol de homes e mulleres, foi e segue sendo homenaxeada no mundo enteiro pola súa traxectoria vital. A ela pertence a frase que da titulo a este apunte que, completa, di así: “Odia el delito y compadece al delincuente”.

Ven este pequeno introito a conto pola recente violación e asasinato, con premeditación, aleivosía e asañamento salvaxe de Laura Luelmo unha rapaza de 24 anos, por un delincuente, reincidente, convicto e confeso recen saído da cadea onde estivo vinte anos polos mesmos delitos de violación e asasinato. Con tales feitos e antecedentes, non é doado sentir compaixón. Que pode facer a xustiza con este home?:
- Ao meu xuízo, condenalo a cadea perpetua a perpetuidade, sen remisión de ningún tipo. Non estou de acordo en absoluto con esa andrómena da prisión permanente revisable (PPR). Paréceme un risco innecesario, que non ten porque aturar a xustiza, deixándoo por escrito como alternativa á redución de condena. Onde queda aquelo que di, dura lex sed lex?.

- Outra solución podería ser a emasculación. De feito existen tratamentos farmacolóxicos aos que se poden someter, de xeito voluntario, os depredadores sexuais. Esta é a chamada emasculación química. A quirúrxica ou cirurxica, arrepía só pensalo, moito mais traumática e efectiva é a que merece este home. O problema está en que, en calquera caso, pode ser peor o remedio que a enfermidade.

- A mellor solución, a única, é a recomendada por nosa celebérrima escritora: “Abrid las escuelas y se cerrarán las cárceles”. 

Anque sexa unha cuestión menor, non a podo pasar por alto. Penso que a calquera se lle ocorre este razoamento: Como é posible que este home, despois de vinte anos no cárcere, manexe recen saído dela un coche de alta gama como é un Alfa Romeo co que seica tratou de fuxir da Garda Civil?. De onde saíron e como acadou, os cartos para mercalo?. Adiviña adiviñanza.

Eu, pai de tres fillas e avó de catro netas, ante estes feitos que se repiten a miúdo (Preto de cen mulleres mortas no que vai de ano), non me canso de dicirlles, ¡tede coidado aí fóra!.

“Odia el delito....

Te puede interesar