Alguén virá que bo me fara

émoita a mitoloxía e a tradición que fala de guerreiros que vencen batallas despois de mortos, sen ir máis lonxe a batalla de Alcocer disque foi vencida polo Cid xa morto. É un feito simbólico dedicado a unha vitoria de xente xa retirada de moitos dos eidos do día a día que consideran poden retornar co éxito renovado. Mais moi mal ten que estar a política dalgunha cidade galega, para que o actual e “renovado” PSOE recorra a esta práctica, con figuras importantes no seu día e coido eu xa amortizadas. Que se entenda ben que eu non digo que os señores Bugallo e Laxe sexan dous defuntos, non. Mais quizais si puideran ser uns zombies políticos. Bugallo leva 7 anos fora da acción política da Capital e Laxe pois o éxito relativo foi ven lonxe no século pasado entre 1987 e 1990. Os que nacían aquel ano xa teñen nas eleccións 29 anos, e votaron unhas cantas veces.
Esta é a renovación da que fala o PSOE de Galicia? Claro dirán experiencia, acaso non temos xente nova preparada? Ou máis ben non ten o PSOE mellores cadros? O que realmente sorprende, e deixa bastante mal ós gobernos do “cambio”, é que poidan ter opcións de éxito contra aqueles que viñan a mudalo todo, case pode ser un fito de aquilo que di: alguén virá que bo me fará. É no fondo una situación que fala ás claras de que Galicia precisa outra cousa, as segundas partes xa se sabe o que din … e a maiores os actuais rexedores xa vemos como son cando se pretende, con opción a, retraer a acción política a moitos anos atrás valorando o éxito, algo da túa xestión falla.
O problema de fondo non é outro que o PSOE está lonxe da realidade da xente e das cidades, lonxe dos obreiros e da clase traballadora, lonxe do progreso de Galicia, este é o síntoma claro, ou alguén pensa en que estas persoas son portadoras de novas ideas? As tutelas de Madrid marcan moito a acción de moitos partidos e confluencias, mais nada boas son para o avance de Galicia, precisamente o camiño ten que ser o contrario. De todos xeitos é de recibo desexar sorte a estes novatos da política galega e ver que aire fresco traen para os debates e a visión de futuro das cidades. Esta xente que non esta moi ó día de Facebook e Instagram, pero seguro aplicaran de bo grado as instrucións do líder madrileño Pedro Sánchez, convertido nunha sorte de Kenedy español, que pouco ou nada pensa en Galicia. Galicia precisa de menos espectáculo, e máis política galega, menos portadas e máis camiño galeguista, máis pisar País con pés na terra e xente nova.

Alguén virá que bo me fara

Te puede interesar