miércoles 12/8/20

Trump ou trampa

Na vitoria de Trump e na do seu archienemigo Obama hai aspectos sorprendentemente iguais. 

Na vitoria de Trump e na do seu archienemigo Obama hai aspectos sorprendentemente iguais. Ambos eran candidatos “anti-establishment” que gañaron superando supostamente aos seus rivais nas redes sociais. O mesmo Trump declarou que: “o feito de ter tanto poder en Facebook, Twitter... axudoume a gañar estas eleccións”. Todo isto fai pensar que a revolución do twitter ou do facebook é un tren ou que nunca existiu ou que pasou de longo. É obvio que vivimos nunha época na que a comunicación se distribúe a través de mecanismos diferentes mais ligado a eles existen instrumentos de control que nin imaxinamos. Non é preciso ver películas sobre Snowden para advertir que existe unha guerra de poder nas redes, que veñen a condicionar as nosas opinións e políticas. Pretender facer a revolución a través de Facebook ou Twitter é como pretender mudar o capitalismo investindo en Wall Street e por iso a política debe buscar algo máis que o aplauso fácil se realmente ten vontade de mudar algo.
 

Comentarios