viernes 7/8/20

Mentiras arriscadas

Levamos meses discutindo sobre o saneamento da ría. Neste tempo empregáronse moitas falacias para convencernos de pagar a taxa, as obras, as reparacións e entregar a xestión a Emafesa e Acuaes.
 

Levamos meses discutindo sobre o saneamento da ría. Neste tempo empregáronse moitas falacias para convencernos de pagar a taxa, as obras, as reparacións e entregar a xestión a Emafesa e Acuaes.
Desde a máxima repetida até o infinito de “sen taxa non hai depuración”, pasando por “ temos que xestionar nós a EDAR porque a competencia é municipal” até o argumento máis demagóxico dos desenvolvidos neste días “o prioritario é poñer a EDAR a funcionar”. 
Desmontamos unha a unha as falacias demostrando que a EDAR pode funcionar sen taxa, que a competencia é supramunicipal por dar servizo a tres concellos e que o obxectivo prioritario para PP, PSOE e FeC sempre foi incrementar os ingresos de Emafesa entregándolle a xestión da depuradora, xa que a EDAR podía ter entrado a funcionar moito antes a través de Augas de Galicia. Quizais hoxe, coa formalización no pleno do pacto entre PP e FeC para entregar a EDAR ao concello salven o seu presente pero hai mentiras que condenan para o futuro.

Comentarios