viernes 13.12.2019

Feijóo, señor do Norte

O noso señor do Norte A. Núñez Feijóo, da casa do birrete, reclamou nestes días atrás o seu dereito ao trono da Terra Ancha erixíndose en rei do Noroeste peninsular e paladín do imperio. O noso amo arrodeouse de antigos señores vidos a menos para erguer a voz e verbalizar dúas mensaxes demostrando ademais ser un home tan temeroso de Deus que renunciou a balbucir a palabra Galiza para contrapoñela á palabra España.

Aos de alá veulles dicir que: se vos, desde a cadeira imperial sodes incapaces de controlar ás hordas independentistas, ou se se vos pasa pola cabeza negociar antes que combatelas, el desde aquí, terra amansada, levantarase en armas contra calquera dos bárbaros intereses libertarios do Leste. Aos de acó veunos dicir, que Galiza sofre un illamento ferroviario secular; que levamos décadas soportándoo en silencio; que o sistema ferroviario español é centralista a máis non poder; que todo ten que pasar por Madrid, de tal xeito que desde Ferrol é máis fácil chegar á capital da Terra Ancha que a Moeche, pero que debemos aceptar con resignación o destino de dor e paixón  que o Deus mesetario nos ten preparado, porque Deus sempre será Deus, e nós simples mortais.

Feijóo, señor do Norte
Comentarios