Cámbiache o conto

Ao PP non lle importa cuspir cara arriba na procura de que as casas dos demais se derruben a base de sopridos.
Sopra contra a elección dun candidato cando o PP escolle aos seus representantes por unción divina do seu líder.
Sopra contra o centralismo doutro mentres pide a cabeza dun presidente por defender a democracia e preguntar ao seu pobo cal debe ser o seu futuro. Botou man incluso dos feixóns máxicos que lle entregou á súa compañeira de fatigas para que trepase por eles e puidera chegar ao parlamento do pobo do que tanto renega. Esqueceuse de explicarlle que os galegos e galegas somos algo máis que xudías. Mais aínda que a organización política que máis dano fixo a este país nos últimos 40 anos sopre con toda a súa forza, vaille ser imposible derrubar a casa dun nacionalismo galego que enterra os seus alicerces profundamente na terra e por moito que encha os pulmóns, a partir do 25S cámbiache o conto.

Cámbiache o conto

Te puede interesar