27M. o día despois

O resultado das eleccións municipais na cidade deixa cando menos tres conclusións. 

A primeira é que Ferrol contará cun Alcalde do PSOE durante os próximos catro anos e que o PP ten aglutinado ao redor de si o voto máis conservador dunha cidade que pese a idea de kaos e atomización que se espallou previamente ás votacións se simplifica politicamente. 

A segunda conclusión que podemos extraer é que o BNG asenta un proxecto político único e diferencial na cidade conservando a representación que ostentaba na corporación municipal nun contexto con moitas distorsións e moitas dificultades para transmitir o seu discurso pero que pese a esas circunstancias precisa avanzar xa.

E a terceira conclusión é que coa distribución de concelleiros e concelleiras resultante é o PSOE quen debe establecer as liñas estratéxicas ao respecto de moitas frontes que están abertas na cidade e de importancia substancial. E en función do camiño escollido deberá decidir como quere construír o próximo goberno local.

27M. o día despois

Te puede interesar