Sen tutelas

Concello de Santurtzi puxo en marcha un servizo de escolta gratuíto para mulleres, durante as festas do Carme, co obxectivo de minimizar os riscos de agresións sexuais. Esta iniciativa veu sumarse á que xa existe en varias cidades de España de solicitar poder apearse do bus nocturno entre dúas paradas ou á da obriga dos taxistas de agardar a que as usuarias femininas entren no portal. Ditas medidas, malia a boa acollida que están a ter, e sen dubidar das boas intenciós de quen as implementa, no fondo recortan a liberdade do sexo feminino. As mulleres temos que poder movernos libremente sen medo e iso tamén ten que partir de nós. Permitir que nos acompañen ou que nos fagan crer que estamos en perigo permanente supón retroceder, fomentar a desigualdade e facernos débiles. Ademais de discriminatorio. Os homes que sintan medo –algo natural en determinadas circunstancias, independentemente do sexo– non terán a posibilidade de botar man destes servizos. As institucións deberían poñer o foco no control dos agresores, non das vítimas.

Sen tutelas

Te puede interesar