DE PEIXEIRAS E “MERLUZOS”

Se eu fose peixeira devecería por ter entre as miñas mans un “merluzo” instruído. Diseccionaríao con moito coidado para observar que título lle está oprimindo o raciocinio. Do contrario, como poden crerse superiores a boa parte dos seus conxéneres, especialmente aos do xénero feminino? E eu, peixeira/o sen estudos ou con varias carreiras e másteres, sería o suficientemente profesional como para buscarlle a cada un dos clientes a pescada máis saborosa, desbotando o “merluzo” enfermo, xa que para unha boa caldeirada o fundamental é a calidade do produto e non os adubos que se lle poñan. Dos meus estudos na primaria teño bastantes e boas lembranzas, entre elas os “sermóns” de D. Pedro, que repetía e repetía, despois de explicar moita historia, que o importante era ser persoas. Non sei se os cativos de primaria eramos moi conscientes do que nos quería transmitir, mais os que mamamos os mesmos discursos na casa sabemos que a calidade humana e a educación no respecto e na igualdade non a ofrecen en por si os títulos universitarios.

DE PEIXEIRAS E “MERLUZOS”

Te puede interesar