Ningufonear

Un dos aspectos máis apaixonantes das linguas é a evolución do significado das palabras e a creación de termos novos. En 2016 a Fundación do Español Urgente (Fundéu) escolleu populismo como palabra do ano, substantivo que deixou atrás o seu significado orixinal: doutrina política que pretende defender os intereses e aspiracións do pobo –así recollido na RAE en 1985–, para ser usado de xeito despectivo facendo referencia á apelación emotiva ó cidadán ofrecendo solucións simples a problemas complexos. Entre as doce palabras finalistas quero rescatar unha para min descoñecida e que seguramente non se implante, pero bastante necesaria: ningufonear, que se usa para definir a actitude de quen só presta atención ó seu dispositivo móbil mentres desatende a quen ten diante. Creada a partir de ningunear, quere ser a solución española ó anglicismo phubbing, procedente de ‘phone’ (teléfono) e ‘snubbing’ (desprezar). En Galicia, a través da web Portal das Palabras, os internautas eliximos verba do ano: irmandade. Curioso, non si?
 

Ningufonear

Te puede interesar