A reorganización escolar

s escolas unitarias do rural galego seguen formando parte da paisaxe galaica como as pistas forestais ou os carteis de Biona. Un recorte permanente en educación do que ninguén se escandalizou nunca ni houbo protestas ni manifestacións, ni cando se deu a idea de meter nun autobús aos rapaces e pasealos polas estradas durante horas para chegar ao colexio. Cada comezo de curso son poucos os centros escolares que non rexistren unha protesta das asociacións de pais en reclamación dun docente de apoio, da reparación dunhas goteiras e similares que ás poucas semanas quedan no esquecemento. Agora xa non quedan escolas unitarias e os centros tenden ao reagrupamento de alumnos. No caso de Monte Caxado, estase formando un caos que non ten sentido. Iso de levar os nenos a un centro, pero que dependen de outro e os profesores son dun terceiro resulta caótico. Non é de estrañar que os pais protesten e estano a facer con tempo, para que haxa solucións.

A reorganización escolar

Te puede interesar