jueves 02.07.2020

PRIMARIAS

Esta fin de semana os socialistas de toda a provincia tiveron procesos de primarias para elixir aos seus coordinadores comarcais. Mais, supoño que co pesar do secretario provincial Fran Caamaño, con moitos problemas organizativos.

Un exemplo o vimos en Ferrolterra, que fronte á normalidade de ter unha urna en cada agrupación, o aparato provincial impuxo unha soa para as trece, obrigando á inmensa maioría dos afiliados a trasladarse de concello nun día invernal.

Isto foi froito das incapacidades ou da inexperiencia? Dende a executiva provincial querían desmobilizar aos militantes, para así ningunear aos candidatos rebeldes, dunhas rebeldes comarcas?

Sería tanto como afirmar que Caamaño máncase o seu propio pé esquerdo; unha evidente falta de sentidiño. O certo é que Ferrolterra acaba de referendar á súa coordinadora comarcal Victoria Gómez. Parabéns.

Comentarios