Sobre robótica

falaba eu hai días, da coincidencia dalgunhas das miñas “Visións”, coas opinións de destacadas personalidades aparecidas neste xornal. Un destes casos  produciuse coa escrita por min no 26/3/2018, titulada “Robótica”, na que eu afirmaba que a incorporación de robots na industria, debería manter “bos niveis de ocupación, para que a xente poida comprar os bens producidos”, pois do contrario, sería o suicidio do capitalismo. E cata agora que, no xornal do 2/9/2018, todo un experto en “Ética de la ciencia y nuevas tecnologías”, don Julián Kinderlerer, indicaba que a industria debería recoñecer o seu compromiso cos traballadores e, falando sobre a incorporación de robots, afirmaba que se debería cobrar impostos ás empresas polos robots empregados. Ademais, malia a redución de postos de traballo e o aumento da produción, “tendría que haber suficientes personas que compren lo que fabrican”.  Ou sexa que, producir e vender si, pero alguén terá que mercar, ou non?

Sobre robótica

Te puede interesar