Republicanismo

Seica volve a estar de actualidade a demanda dun cambio de sistema político, cara a unha nova República, que xa sería a terceira no noso país. Segundo se di, a primeira foi proclamada polas Cortes, cando o rei Amadeo (meu tocallo), saíu “a fume de carozo”, para non ter que aguantar a tantos españois con gañas de guerrear. Durou só un ano, tivo catro Presidentes e un feixe de sublevacións. A segunda chegou coa vitoria electoral dos republicanos e a marcha doutro rei, Alfonso XIII, que tampouco foi quen de aturar tanta belicosidade. Esta república durou uns seis anos e tivo varios gobernos, que non foron quen de manter a paz, pois nin os gobernantes nin a xente, estaban preparados para o republicanismo. A pregunta é, estamos agora preparados para a terceira? En calquera caso, non parece demasiado importante a cuestión para a xente do común, porque segundo di a experiencia, “a onde irás boi que non aras, senón á cortadoría”. Canta sabedoría hai no pobo! Non si?

Republicanismo

Te puede interesar