Progreso

o noso diccionario defínese “progreso” como avance, adianto, desenrolo continuo, evolución e mellora. Mais non se especifica se pode chamarse progreso o avance que signifique adianto nun senso e atraso noutro. Por exemplo, o adianto que supón mercar “vía internet”, supuxo un grande prexuízo para o pequeno comercio. Xa que logo, eu non sei se o anuncio da formación dun goberno “progresista”, pode ser considerado como un progreso en todo o seu amplo sentido. Porque haberá que agardar a ver como se produce ese “desenrolo continuo” e, en que dirección irán as melloras. Porque puidera ser que melloren os de sempre e que, os que están coa auga no pescozo, rematen por afogar. Non quero ser pesimista, senón ao revés, quero pensar que esta nova forma de goberno vai aportar moi bos resultados para os máis desfavorecidos. Porque xa vai sendo hora de que se goberne para eles en primeiro lugar e que haxa un progreso real, desde abaixo, cara arriba. E eu que o vexa tamén, claro. Amén.

Progreso

Te puede interesar