MEDO

O medo é unha arma que algunha formación política utiliza nas súas campañas para atraer as intencións do electorado cara ás súas posicións ideolóxicas. Pode que todas utilizasen algunha vez esa estratexia, pero a dereita adoita empregala de xeito cotián. Agora, a irrupción de Podemos no horizonte político desatou unha ofensiva da “vangarda mediática conservadora” desde a que se busca calquera indicio, por remoto que sexa, para desacreditar aos dirixentes da nova formación. Entre os recursos usados polos descualificadores está a comparanza co Partido Comunista –“antes os comunistas tiñan cornos e rabo” –  sabedores de que nos tempos do franquismo era unha “menciña” moi eficaz, pois se daquela alguén te sinalaba como comunista xa estabas aviado. E así, agora cualifícase de comunistas a Podemos, E. Unida, ás Mareas de calquera cor, o 15 M, ás asociacións e plataformas e, en xeral, a todo o que se mova na dirección contraria á súa. E digo eu, non será por medo?

 

MEDO

Te puede interesar