sábado 19.10.2019

Iniciativas parlamentarias

Non sei como rematarán as iniciativas parlamentarias sobre o asunto da Planta de Reganosa, despois da quinta sentenza do Supremo que, nesta ocasión,  volve a amosar claramente a ilegalidade da situación da nomeada planta regasificadora, malia a trapallada do Sr. Rajoy que pretendía eximila do cumprimento da “Lei de Impacto Ambiental”. En calquera caso, esa sentenza podería servir de inicio para cargar con toda a “artillería social”, reclamando que o anterior Presidente do Goberno fose investigado por prevaricación, neste asunto concreto. Seguramente, tendo en conta a variedade e complexidade das leis españolas,  o tema non iría moi lonxe, mais podería servir de aviso por se o próximo Goberno, no canto de facer cumprir a Lei e ordenar o peche de Reganosa, se vise na tentación de imitar a don Mariano. Porque nunca se sabe, verdade? Digo eu, claro, pero non sei se haberá posibilidade de atacar nesta dirección. E non se trata de facer leña da árbore caída, pero… 

Iniciativas parlamentarias
Comentarios