Hispánico cabreo

Vaia lío que se armou coa procesión esa da vaxina que fixeron as mulleres hai uns días! Eu non pretendo meterme onde non me chaman, mais penso que certas cousas hai que tomalas cun pouco de humor, pois que o tempo de vivir sumido a cotío nun “hispánico cabreo”, parece que xa pasou. O que ocorre é que, parece que agora o cabreo está no lado dos outros, que seica non están moi afeitos a aturar que lles toquen... os seus sentimentos. E pois semella que a cousa vai de sentimentos, os que agora protestan non lembrarán o cabreo daqueles que tiñan que aturar unha Semana Santa sen bares, sen cines e case sen poder saír á rúa, porque se atopabas unha procesión, tiñas que te axeonllar ao paso das imaxes, para non te expoñer a un serio desgusto. Daquela, os sentimentos dos que non comungaban coa “Santa Madre Iglesia” non se tiñan en conta. Eles teñen dereito a se queixar, cousa que os outros non tiñan. Ou sexa, que menos cabreo e máis humor, que tampouco é para tanto. Digo eu, claro.

Hispánico cabreo

Te puede interesar