Dilema

Seica estamos condenados a vivir no dilema de escoller entre dúas propostas: A Esquerda e a Dereita; Sánchez ou Iglesias; coalicións ou eleccións; Celta ou Deportivo... Coido que xa escribín antes sobre da necesidade de cambiar a Lei electoral por outra que recolla a segunda volta. Pero non se fará, se non é cunha forte presión do pobo, porque a “eles” non lles convén. E así estamos nunha dinámica de ofrecementos, rexeites, dúbidas e desconfianzas. A min paréceme lexítimo que Podemos pida a lúa, igual que me parece lexítimo que o PSOE diga que “nones”. Desde logo, eu nunca metería ao raposo dentro do galiñeiro, por unha simple medida de precaución. E por máis que se fale de “abnegación” e de decisións de “grande valor político”, semella que nesta ocasión os papeis están cambiados, pois hai anos, era  Anguita quen dicía “programa, programa, programa”, sen pedir nada a cambio. Agora co “programa”, non chega. Porque non hai políticos como aquel. E por iso, haberá eleccións.

Dilema

Te puede interesar