As tradicións

En Ferrol, os amantes das tradicións quedámonos este ano,  sen a celebración da “Noite das Pepitas” ; e foi unha mágoa, porque seica estaba prevista a inclusión dun grupo de “rondadoras”. En principio, non parece normal o feito de que sexan mulleres, as que canten a beleza das nosas “féminas”, máis na sociedade actual, xa todo está admitido, dentro dos límites da corrección. En calquera caso, coido que sería importante un acto das mulleres, un día no ano, cantándonos aos homes a súa admiración, polo fermosos, galantes e simpáticos que somos e, o moito que nos necesitan. Serviría, para compensar todo o resto do ano chamándonos machistas e poñéndonos “a parir”. E poderíase buscar outra data máis acaída e tamén de moita tradición, como a noite de San Pedro. Xa me parece escoitalas cantando aquilo de “Allá en el río de la sardina...”, “a Manolito de cocinero...”, “Dijo San Pedro portero soy...”. E así teríamos dúas festas no canto de unha. Penso que sería unha gozada, ou non?

As tradicións

Te puede interesar