A Violencia

Pensabamos que da pandemia saíamos mellor como sociedade. Pero, en breve puidemos constatar que non era así. Houbo quen decidiu que había que poñer en solfa todo aquelo que servía para unir á cidadanía. Como mínimo, a mala educación instalouse como “norma básica de convivencia”. A falta de empatía está á orde do día. Si, estamos na fin da historia, ou cando menos, parece que non haberá un mañá.


Así, a noticia máis impactante desta semana santa non será para moitos nin as dificultades para saír das procesións relixiosas, nin a choiva nin este vento ferido que nos empurra polos concellos de Ferrolterra. Si a morte dun pai golpeado polo seu fillo, feito tráxico recollido nas páxinas deste xornal. E estas cousas como poden suceder?


Obviamente, ocupa un grado superlativo nesa escala da violencia na que vivimos nesta sociedade post-covid, xunto ás agresións ás mulleres. Á marxe da situación concreta, dos feitos persoais que acaban alimentando a traxedia, como podemos freala e facerlle fronte?


A violencia é síntoma dunha sociedade enferma. Quizais necesitamos, de xeito urxente, preguntarmos cales son as causas da desgraza e buscar o camiño axeitado que nos faga mellores. Volver a Bertrand Russell.

A Violencia

Te puede interesar