Vaiamos ao mercado

Hai uns días a prensa anunciaba que o primeiro buque cargado con gra partía de Ucraína cara a occidente. Unha alegría se non fose porque máis do 90% dese gra vai para consumo animal para seguir favorecendo a produción de carne barata e deste xeito que os prezos non segan disparándose. Soamente unha pequena fracción deste gra é trigo. Ademais o continente africano nin o vai ulir.
 

Tamén hai uns días gabábanos todas co triunfo de Prieto en Colombia. Parabéns, máis moito me temo que no tocante ao medio ambiente vai ser máis do mesmo. Exemplos xa temos como cando Lula gañou no Brazil e moita xente veuse beneficiada saíndo da pobreza. Eso si, a costa de acelerar o proceso de deforestación da Amazonía Brasileira. Porque nesa etapa os tremendamente ricos brasileiros seguiron facéndose tremendamente máis ricos, tamén en base a aumentar a deforestación do Amazonas. Non houbo un mellor reparto e xestión da riqueza digamos da xa acumulada. Posiblemente isto tamén lle vai suceder a Prieto, se quere cando menos, terminar o mandato.
 

E que podemos facer nós. Pois so temos que pasarnos polos mercados dos nosos concellos e mirar a fermosura coa que a nosa terra nai nos  obsequia todo o ano, mais sobre todo no verán. 
 

En Recimil xa desde hai unhas semanas, temos os postos repletos de verduras e hortalizas da tempada, xunto con froitas locais (peras, mazás, pexegos entre outras) que nada teñen que envexar as froitas foráneas, sendo as nosas moito máis sas, debido a que non levan inputs tóxicos, refírome aos agro-químicos. 
 

Cabe sinalar que xa desde hai uns anos, a ciencia demostrou que os alimentos producidos na contorna onde vivimos, funcionan mellor no noso organismo que os traídos doutras latitudes. É dicir: Un pemento do val de Esmelle é moito máis beneficioso para a nosa bioloxía corporal e cerebral, que un pemento de Almería. E viceversa.
 

En definitiva, un atrevese a asegurar, que para que a Amazonía colombiana ou a Amazonía brasileira ou a peruana podan seguir existindo, teremos que cambiar o noso xeito de mercar os alimentos e debemos empezar apostando polos produtos locais e de tempada, xunto co consumo en contadas ocasións de carnes sobre todo vermellas e lácteos.
 

A alimentación é o primeiro negocio do planeta e tamén o maior produtor de G.E.I, ademais de ser o  maior causante da perdida de biodivesidade. Coñécese que a maior parte dos acuíferos de Catalunya están contaminados por glifosfato. Isto con certeza pode ser extrapolábel tamén a Galiza. 
 

De nós depende darlle a volta a este terríbel éxito do capitalismo.
 

“Os mineiros utilizan canarios para advertilos dos gases mortais. Cicais non sería mala idea, se tamén considerásemos como advertencia, os paxaros mortos no campo” Duque de Edimburgo.

Vaiamos ao mercado

Te puede interesar