A trincheira

Patronais do transporte xunto con outros sectores afectados, tanto pola suba especulativa dos carburantes como da enerxía e das materias primas, taponaron estes días a Trincheira e outras vías, colapsando a comarca e Ferrol. Viven situacións de angustia e abren contradicións sociais. Outra cousa é o oportunismo de quen os anima a aumentar a crispación, pero tamén esíxelle ao Goberno que use as Forzas Armadas contra estes colectivos.


Acertan os alcaldes da comarca que, encabezados por Ángel Mato, buscan unha vía de comunicación destas asociacións coa Xunta e o Goberno central. Mais, non valen parches temporais, hai que ir alén de baixadas de impostos ou subvencións. Senón os especuladores verán que aínda teñen marxe. 


Recoméndolles que tamén poñan no seu sitio as dereitas e ultras que no Congreso votan contra todas as medidas, porque para estas o prioritario é manter a hexemonía dos oligopolios.

A trincheira

Te puede interesar