Todas saímos gañando

Segundo a ONU, este mes de xulho foi o mes máis quente desde que se teñen rexistros. Isto esta a traer consigo, fenómenos adversos en forma de virulentos incendios nos catro continentes. En Palermo e outras zonas de Italia, as temperaturas chegaron aos 47ºC e en zonas da Tunisia aos 50ºC . Ademais en EUA por mor da calor, so no que va de verán, o fogo dos incendios, a gran maioría destes con unha virulencia extrema e totalmente descontrolados, xa consumiu, mais de 10 millóns de Hct de bosque. O famoso inferno da terra, refírome ao deserto de Sonora en Mexico, o cal fai fronteira cos EUA, superou fai unhas datas, os 80 º Celsius, converténdose segundo as científicas, en un autentico forno a ceo aberto. Tamén desde as axencias de Nacións Unidas avisan de que os corais están a desaparecer, a un ritmo máis rápido do esperado, polo aumento das temperaturas nos océanos e o aumento da acidez dos mesmos.


Máis isto que a comunidade científica nos esta a transmitir, parece que aos políticos dominantes non esta a importarlle, e seguen coa máxima de que hai que continuar a priorizar, que os grandes emporios económicos, segan a ter beneficios escandalosos e que estes, continuen ano tras ano crecendo, en base a destrución do planeta. Cicais como dixo un premio Nobel fai uns anos, ao mellor o gran negocio, é fazer a terra de novo.


Mais hai que sinalar, que aínda que o cambio vai vir desde o poder, xa que, son os que poden por en funcionamento as medidas correctas, para loitar contra este Kaos medioambiental, é indubidábel, que nos podemos fazer moitas cousas positivas, para mitigar en certa medida, esta desfeita dos nosos ecosistemas. Entre estas medidas está, a de reducir todo o que podamos, o consumo de carne vermella, sobre todo a de porco, ademais da carne provinte da cría intensiva. E nomeo a carne, xa que, esta leva aparellado aínda que nom nos demos de conta, a destrución de bosques primitivos, para destinalos ao cultivo de alimento para o gando, principalmente solla. Xunto a esta deforestación das zonas do Amazonas e o sueste asiático, aínda que neste, tamén se esta a deforestar para obter aceite de palma, para así volver máis saborosas as nosas bolachas, sobre todo as de produción industrial, agora o que están a facer as grandes trasnacionais da agricultura intensiva do planeta ,e por as súas garras no continente africano, para que poidamos seguir comendo carne vermella de xeito masivo.


Xa para ir rematando, a clase política debe de tomar medidas, tamén na alimentación das nosas sociedades, em todos os seus paus: Produción- Transporte- comercialización, para que deste xeito voltemos a ter unha alimentación atávica. E dicir, volver a como nos alimentamos, no 90% da historia da humanidade, que non é de outro modo que, cos alimentos de produción local e para isto, o consumo de carne non pode ser de xeito intensivo.


Remato menos carne no prato- máis saúde física e psicolóxica- máis medio ambiente. En definitiva todas saímos gañando.

 

Todas saímos gañando

Te puede interesar