O seu prezo é moi superior

A semana pasada a comunidade científica, daba por comenzado o Kaos de todos os ecosistemas terrestres. Algo realmente preocupante, excepto para as nosas autoridades políticas. Seguimos deforestando, seguimos aumentando a produción de carne, seguimos desbaldando enerxía, enchendo o planeta de tóxicos etcétera como si nada sucedese. Nada das cousas que debemos cambiar con urxencia, estanse a fazer, debido a que priorizase o beneficio dos grandes emporios económicos e que estes, segan ano tras ano aumentando Uns beneficios, os cales, vannos levar a todas a extinción.


Mais hoxe do que vou a falar, é do desperdicio de alimentos. O 29 de setembro celébrase, o día mundial do desperdicio de alimentos. Un día  simbólico que busca, chamar a atención da cidadanía, sobre este serio problema que teñen todas as sociedades do planeta, en maior ou menor medida.


O prezo que pagamos pola comida polo xeral, é menor do seu verdadeiro custe. Tirar comida em calquera das súas fases, produción- transporte- venta ou consumo, sendo esta última, onde nós termos responsabilidade, supón que botemos a atmósfera, perto dun 8% de gases de efecto invernadoiro, de xeito de balde. Sinalar, que 1 de cada 3 alimentos desperdiciase. Isto supón o 30% dos alimentos que se producen. Ademais supón encher os ecosistemas, de insumos tóxicos de xeito innecesario, xunto con un consumo de auga que ascende a case 100 mil m3 e un consumo de enerxía moi elevado. Compre dicir, que as perdas económicas deste desperdicio, ascenden a case os 500 mil millóns de dólares americanos.
Todas estas perdas, xunto coa producida pola forza de traballo, é o que trae consigo, tirar ao lixo, 1300 millóns de Tm dos alimentos que se producen.


Esta perda, non so é debida, á mala praxis das consumidoras. As perdas de alimentos prodúcense, no orixe, coa produción de alimentos que nom cumpren os estandares de atracción visual, que impoñen as grades cadeas da distribución e venta. Algo de escándalo e que nos ensina a verdadeira faciana do capitalismo. No transporte e almacenamento, na súa venta e por último están as nosas malas decisións.


Xa para rematar, as consumidoras podemos fazer moito para reducir estas perdas, non so as que se producen nos nosos fogares, senón tamén nos puntos de venta. Un exemplo. Nos estantes das froitas, collendo aquelas pezas que están soltas, como pode ser no caso dos bananos, aquelas que teñen unha mancha ou que xa están para consumir de xeito inminente. Na nosa casa, mercando so o que imos consumir, conxelar o que non vai ser de consumo inmediato e cos excedentes a hora de comer, elaborando novas receitas ou conxelándolos de xeito adecuado, para o seu posterior consumo.


En definitiva algo tan básico como é a comida, o seu desperdicio, é un serio problema medioambiental e económico, do que moitas de nós non somos conscientes. Unha parte de todo isto, esta nas nosas mans correxilo.


Teñamos sempre em conta, que o prezo da comida é moi superior, do que pagamos nos puntos de venta.

O seu prezo é moi superior

Te puede interesar