Rueda

A todo hiperliderado sucédelle unha etapa de interinidade, e isto estalle a pasar ao actual presidente da Xunta, señor Rueda. Alimentando a aspirantes de preto e alleos, que están esperando que vaia a máis. Incluso cunha eventual saída de Feijoo da política estatal por causa do “fogo amigo” de Ayuso.
 

Así temos un presidente que non dá aberto unha nova etapa, con propostas como a baixada do imposto de patrimonio a eses poucos centos de galegos ricos, que non acaba de darlle un perfil propio. Nin sequera a reivindicación de apurar os tempos para unir o AVE de Vigo con Portugal vai darlle pulo, porque abriralle unha lea co PP de Madrid. Un eixo atlántico liderado por Lisboa e Vigo daría un novo equilibrio á península, con novo reparto de poder político e económico.
 

Neste panorama hai que entender a visita do presidente da Xunta ás grandes cidades, que concentran á maior parte da poboación. Para a dereita son territorio hostil. Síntese incómodo e prefire illarse nos edificios que a Xunta ten en cada lugar, en vez de ser recibido - con normalidade - por cada alcaldía. No caso de Ferrol, só falta que o señor Rueda repita o erro recente, do seu vicepresidente no Porto, de confundir institución e partido.

Rueda

Te puede interesar