lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A río revolto

O refrán popular, condensación da memoria filosófica e metafísica de sucesivas civilizacións con eficientes observadores do seu entorno social; e dicir, socioloxía en estado puro por constatación empírica, afirma sen ter dúbida ningunha: A río revolto, ganancia de pescadores. Metáfora da vida.


E iso vale loxicamente para o comportamento desas persoas que van aos ríos naturais buscar sustento ou simplemente practicar un deporte que ten un pero de moralidade, mais tamén como definición para eses outros elementos fóra do acuático ecosistema natural porén que asociamos a figuras do mundo animal, os voitres e tiburóns. Ámbolos dous caracterizados pola súa voracidade. Velaí unha figura simbólica do mundo económico e financeiro que saca talla á inflación galopante.


Porque aquí, neste escenario inducido por interese dos poderosos, prodúcese o efecto sinalado no “xogo da suma cero”, ese caso especial da técnica matemática que apunta ao resultado dunha operación na que a ganancia duns xogadores é igual a perda dos outros. Uns poucos fronte moitos.


Malia estratexia anunciada do BCE de operar sobre os tipos de xuro do diñeiro, a realidade inxusta e teimosa indica que aquí, como sempre, todos acabaremos pagando os pratos rotos, mais se cabe os que menos o poden pagar. De feito, pagar é o que levamos facendo desde sempre e máis no último ano cando se dispararon os prezos de case todo, mesmo dos bens de primeira necesidade para a supervivencia; e dicir, os de comer. E tamén outros básicos como a gasolina, a luz e o gas.


Non é inocente a operación de procurar unha “opinión manufacturada”; isto é, a preparación psicolóxica da cidadanía para orientar a culpabilidade á gurra ucraína na que, pola contra, lonxe de buscar acordos diplomático para por fin á contenda, os gobernos occidentais submisos ao interese do “amigo americano” fan todo o contrario, subministrar máis munición para que continúe o fogo.


Nesta situación é lóxico que ollemos para escuras motivacións polas que non se está traballando sobre unha negociación de paz. O petróleo sobe sen parar, cousa que prexudica aos consumidores pero beneficia, e moito, aos oligopolios produtores; cando máis grandes, máis beneficio. Escenario que, ao balance das grandes petroleiras suma idéntica operación en beneficio das eléctricas e gas.


Total que como a guerra vai seguir, a inflación seguirá aumentando e o próximo outono xa pode ser a bomba. Prezos de todo disparados, soldos na práctica conxelados e pensións en dúbida, coas clases traballadoras perdendo poder adquisitivo. No cinto xa non quedan buracos para apertar máis.

A río revolto

Te puede interesar